Contabilidade para o emprendemento cooperativo (A Coruña)

Con este curso preténdese amosar cun enfoque práctico para que serve a contabilidade nun proxecto cooperativo, coñecer o proceso contable e a súa relación co resto de ámbitos da empresa cooperativa para a toma de decisións.  Ademais capacita para empregar ferramentas contables de xeito previsional, ou a interpretar estados financeiros, coñecer ferramentas e recursos de apoio na xestión contable.

OBXECTIVOS

  • Mostrar desde o punto de vista práctico que é e para que serve a contabilidade nun proxecto cooperativo.
  • Coñecer o proceso contable e a súa relación co resto de ámbitos da empresa cooperativa para a toma de decisións.
  • Capacitar as persoas emprendedoras para empregar ferramentas contables de xeito previsional.
  • Interpretar os principais estados financeiros e coñecer ferramentas e recursos de apoio na xestión contable.

PROGRAMA

  • Módulo 1.- A contabilidade: definición, utilidade, normativa xeral e específica
  • Módulo 2.- O ciclo e os procesos contables. Principais estados económico-financeiros
  • Módulo 3.- A contabilidade de custos e a determinación dos prezos
  • Módulo 4.- A contabilidade previsional e a toma de decisións. Ferramentas e recursos

CONTIDOS:

  • 1º sesión.- Presentación de Ugacota e da Rede Eusumo. A contabilidade: Que é? Para que serve? Quen está obrigada/o a levala?. Principal normativa que a regula. Plan Contable PEMES e orden EHA/3360/2010
  • 2º sesión.- O proceso e ciclo contable. A operativa contable: masas patrimoniais, asentos, contas, libros. Os principais estados económico-financeiros. Análise de balances e contas de perdas e gaños. Exercicios e dinámicas.
  • 3º sesión.-. A contabilidade analítica ou de custos. Custos fixos e variables, custos directos e indirectos, cálculo do punto morto. A importancia da contabilidade de custos na determinación dos prezos.
  • 4º sesión.- A contabilidade previsional como ferramenta para a toma de decisións: contas de resultados previsionais e tesourería previsional. Ferramentas e recursos para apoio nos procesos contables: manuais, formación, ferramentas e software de contabilidade.

DIRIXIDO A:

Persoas con ideas empresariais para ser desenvolvidas de xeito cooperativo preferentemente.
Grupo mínimo: 12 persoas, grupo máximo 20 persoas.

 

DATA INICIO 01/03//2016 DATA FIN 04/03/2016 DURACIÓN 20 horas

HORARIO De 9.30 a 14.30 h
LUGAR CELEBRACIÓN: Entidade Adherida á Rede Eusumo na Univsrsidade de A Coruña Centro Universitario de Riazor, R/ Almirante Lángara, s/n - 15011 A Coruña (Campus Riazor)

Persoa de contacto Rosa Álvarez Bernárdez
teléfono 981 575 578
e-mail rosaab@ugacota.coop

 

Inscrición: Preme aquí

Descarga do PROGRAMA

Martes, 1 March, 2016 - 03:30 to Venres, 4 March, 2016 - 08:30

Compartir