Convócanse novas axudas para fomentar o emprendemento e o crecemento das pemes

Xa están dispoñibles as axudas ofertadas pola Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local 2016 -2019, destinadas ao emprendemento e ao crecemento das pemes e micropemes.

As liñas convocadas, correspondentes á anualidade 2018, son as seguintes:

  • LIÑA 2.1 PEL EMPRENDE. INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables .
  • LIÑA 3.1 PEL PEMES. CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas para a creación e ampliación do cadro de persoal de Pemes e micropemes en calquera das modalidades xurídicas existentes,  con centro de traballo rexistrado en concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes e con domicilio fiscal na provincia da Coruña.
  • LIÑA 3.2 PEL PEMES. MANTEMENTO: Axudas para o mantemento do cadro de persoal de Pemes e micropemes, sendo subvencionables aquelas contratacións indefinidas realizadas polos/as beneficiarios/as da convocatoria PEL PEMES 2017.

 

As bases reguladoras das tres liñas de subvención poden consultarse aquí.

A convocatoria das tres liñas de subvención poden consultarse aquí.

 

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da páxina web da Deputación da Coruña: http://www.dacoruna.gal .  

O prazo péchase o 22 de marzo de 2018 ás 14:00h! 

Podes consultar máis información do Plan de Emprego Local nesta ligazón.

 

Xoves, 1 March, 2018 - 05:00

Compartir