Convócanse novas axudas para fomentar o emprendemento e o crecemento das pemes

Xa están dispoñibles as axudas ofertadas pola Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local 2021, destinadas ao emprendemento e ao crecemento das pemes, en base as seguintes liñas:

  • LIÑA PEL EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para contribuir á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.
  • LIÑA PEL AUTONOM@S: Axudas ao fomento do emprendemento e ao traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña.
  • LIÑA PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.
  • LIÑA PEL PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

As bases das axudas PEL 2021 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 37 de 25.02.2021 ou premendo na seguinte ligazón:

 https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/02/25/2021_0000001405.pdf

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 11 DE MARZO ATA O 15 DE ABRIL DE 2021 ÁS 14:00 HORAS.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación SUBTeL, que se pode atopar na páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal)

Lembramos que na web https://emprego.dacoruna.gal/ podes consultar a información actualizada do Plan de Emprego Local así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases.

 

Xoves, 11 March, 2021 - 10:00 to Xoves, 15 April, 2021 - 14:00

Compartir