Convocatoria Certame de cooperativismo no ensino 2018

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de publicar as bases reguladoras do Certame de Cooperativismo no ensino.

O obxectivo deste programa é difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Establécense as seguintes modalidades de participación:

  • Actividades artísticas.
  • Actividades cooperativizadas.
  • Proxectos empresariais cooperativos.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2018.

Para consultar a orde completa, prema aquí.

Descarga o cartel do Certame aquí.

Descarga o folleto do Certame aquí.

Venres, 19 January, 2018 - 11:15

Compartir