Xul 28,2016 Categories: Novas

Convocatoria das axudas para o fomento do emprendemento en economía social

Na orde do 30 de xuño de 2016, establécense as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa Operativo do Fondo Social Europeo e ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, e convócanse para o ano 2016.

As empresas de economía social, e singularmente as cooperativa, teñen demostrado a súa capacidade de resistencia ás crises, de creación de emprego estable e de calidade, de vinculación co territorio e de mellora do benestar social. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais e cooperativas e sociedades laborais e apoiar o desenvolvemento de proxectos de emprendemento colectivo en empresas de economía social.

Comunidade Autónoma: Galicia

Tipo de axuda: Subvención

Destinatarios: Cooperativas e sociedades laborais e persoas que se incoporen nelas como socias traballadoras ou de traballo. Mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

Inicio do prazo de presentación de solicitudes:  28 de xullo de 2016

Fin do prazo de solicitude: ata o 27 de agosto de 2016 para os programas I, II, V e VI. Ata o 30 de setembro de 2016 para os programas III e IV

Documentos adicionais para a presentación de solicitude:

Memoria técnica do plan de empresa 2016

Calendario laboral

Texto íntegro da convocatoria

DOCUMENTO EXPLICATIVO 2016

AXUDAS EMPRENDEMENTO COLECTIVO 2016. CADRO RESUMO

 

 

Jueves, 30 Xuño, 2016 - 10:30 to Sábado, 27 Agosto, 2016 - 10:30