Convocatoria Premios á cooperación 2018

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de publicar as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2018.

obxectivo deste programa é fomentar e difundir o cooperativismo,os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade autónoma galega

Os premios establecidos distinguen as seguintes categorías:

  • Aos valores cooperativos.
  • Ao mellor proxecto cooperativo novo.
  • Á traxectoria cooperativa..

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2018.

Para consultar a orde completa, prema aquí.

Descarga o cartel dos Premios aquí.

Venres, 19 January, 2018 - 11:30

Compartir