Convocatoria Premios á cooperación 2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de publicar as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2019.

obxectivo deste programa é fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade autónoma galega.

Os premios establecidos distinguen as seguintes categorías:

  • Aos valores cooperativos
  • Ao mellor proxecto cooperativo novo
  • Á traxectoria cooperativa

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2019.

Para consultar a orde completa, prema aquí.

Descarga o cartel dos Premios aquí.

Relación de premiados nos Premios de Cooperación 2019.

 

Venres, 8 February, 2019 - 17:30

Compartir