Convocatoria Premios á Cooperación 2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2020.

obxectivo deste programa é fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade autónoma galega.

Os premios establecidos distinguen as seguintes categorías:

  • Aos valores cooperativos
  • Ao mellor proxecto cooperativo novo
  • Á traxectoria cooperativa

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2020.

Para consultar a orde completa, preme aquí.

Descarga o cartel dos premios aquí.

 

Xoves, 9 January, 2020 - 09:00 to Xoves, 30 April, 2020 - 09:00

Compartir