Convocatoria Programa Aprol economía social 2018

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de publicar as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol - economía social) 2018.

O obxectivo desta orde é fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais.

Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran as condicións xerais e os requisitos establecidos no correspondente programa:

  • As cooperativas e sociedades laborais para o programa I.
  • As persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para o programa II.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 1 de outubro de 2018.

Para consultar a orde completa, prema aquí.

Descarga o resumo completo da orde aquí.

Descarga o folleto aquí.

Para ver a información completa e os modelos de documentos prema aquí.

 

Xoves, 25 January, 2018 - 12:45

Compartir