A cooperativa Terra de Trasancos mostra a estudantes do CFEA de Sergude o potencial do cooperativismo

A Fundación Terra de Trasancos recibiu o pasado mércores 25 de setembro a estudantes do CFEA de Sergude nunha xornada de divulgación da economía social.
O obxectivo deste obradoiro de “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito” é dar a coñecer o cooperativismo entre o alumnado, para que o teñan en consideración como opción de emprego ao finalizar os seus estudos.
O persoal da fundación guiou ao alumnado para mostrar o funcionamento diario dunha entidade que traballa no ámbito da economía social e que conta con sección de viveiro, supermercado e tenda agraria e que ofrece servizos ás persoas socias coma actividades para a terceira idade ou sección de crédito.

Os 30 estudantes do CFEA de Sergude en Boqueixón procedían dun ciclo medio de produción agropecuaria, outro de conservación do medio natural e dun ciclo superior de gandería e sanidade animal.

Esta actividade enmárcase na programación da Rede Eusumo para impulsar o cooperativismo e a economía social.A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

 

Mércores, 25 September, 2019 - 09:00

Compartir