A cooperativa As Vacas da Ulloa mostra a estudantes de Fonteboa o potencial do cooperativismo

Cooperativa As Vacas da Ulloa recibiu onte a 35 estudantes dos ciclos (Produción Agropecuaria e Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal) do Centro de Promoción Rural EFA de Fonteboa, nun obradoiro titulado “Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito”, que organiza AGACA no marco da Rede Eusumo. Ao largo do curso, nestes obradoiros xa levan participado preto de 600 escolares.

Esta iniciativa busca mostrar as vantaxes do cooperativismo e a economía social como modelos de negocio que poden desenvolverse con éxito no medio rural e en multitude de sectores produtivos e de servizos.
Durante o percorrido, persoal da entidade explicoulles as vantaxes de funcionar en cooperativa, como se produce o leite e algúns procedementos de manexo de gando como alimentar aos animais estabulados.

 

Xoves, 13 June, 2019 - 09:00

Compartir