As cooperativas nos servizos sociais en Palas de Rei

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés organiza a seguinte actividade formativa a través da Rede Eusumo:

AS COOPERATIVAS NOS SERVIZOS SOCIAIS EN PALAS DE REI
 

Data: do 25 de xuño ao 1 de xullo

Horario: de 10:00 a 13:00 horas

Duración: 15 horas

Lugar: Centro comarcal da Ulloa, avda. Compostela, 47, Palas de Rei (Lugo)

Obxectivo: percorrer de xeito teórico-práctico os pasos e recursos para a realización con éxito dunha cooperativa no sector dos servizos sociais.

Destinatarios: persoas que vexan o seu futuro laboral no marco dos servizos sociais, que queiran consolidar o seu proxecto cooperativo e ó público en xeral.

Programa formativo:

Módulo 1- Presentación da Rede Eusumo. Os servizos sociais no territorio da Mancomunidade (especial referencia ó Concello de Paradela).
Módulo 2 - As cooperativas (estatutos, clases, regulamento, as peroas que a forman, órganos sociais).
Módulo 3 - As cooperativas frente a outras fórmulas empresariais. Xestión económica e financiera.
Módulo 4 - Pasos que hai que dar na creación dunha cooperativa. Xestión de servizos a través da cooperativa.

Inscrición:

- gratuita

- no 982545070 (ext 6)/ 606306254 ou en mancomunidade.frances@gmail.com

Se queres visualizar o cartel preme aquí.

 

 

Martes, 25 June, 2019 - 10:00 to Luns, 1 July, 2019 - 13:00

Compartir