Cooperativismo de Portas Abertas

Convidámosvos a todas as cooperativas galegas a que o día 5 de xullo vos sumedes a esta campaña de Cooperativismo de Portas Abertas.

Se queredes participar, unicamente debedes enviar un correo a diadocooperativismo@xunta.gal indiando o nome da vosa cooperativa. Desta forma, pasaredes a formar parte da rede de cooperativas que se suman a esta campaña de promoción do cooperativismo. Recibiredes unhas imaxes para que poidades comunicar a través das vosas redes sociais que o 5 de xullo será o día de portas abertas do cooperativismo e das vosas entidades. Logo só tedes que acoller a quen queira coñecer o voso traballo!

Se precisades máis información, podédevos poñervos en contacto a través do 619 920 335.

ANIMÁDEVOS! CANTOS MÁIS SEXAMOS, MÁIS VISIBILIDADE CONSEGUIREMOS!

 

Venres, 5 July, 2019 - 09:00

Compartir