Crea o teu plan de empresa

A Fundación CEL a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

CREA O TEU PLAN DE EMPRESA
 

Datas: 19 e 26 de setembro e 3 e 10 de outubro

Horario: de 16:00 a 20:00 h

Duración: 16 h

Lugar: nas instalacións da Fundación Cel Iniciativas por Lugo sitas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo  

Destinatarios: Cooperativas e sociedades laborais de recente creación, e emprendedores que aposten pola fórmula cooperativa e a economía social.

Obxectivos: Neste curso abordaranse os conceptos básicos para elaborar o plan de empresa dunha entidade de economía social, dende a idea de negocio, ata a proposta de valor, o plan de marketing, a organización e xestión de persoas e o plan económico-financeiro. Permitirá aos/ás promotores/as dunha inicitativa de economía social deseñar de xeito ordenado a creación da súa empresa, tratando os temas fundamentais para mellorar as probabilidades de éxito.

Programa: 

  • Módulo 1: O plan de empresa
  • Módulo 2: O plan de marketing
  • Módulo 3: A organización e as persoas
  • Módulo 4: O plan económico-financeiro

Inscrición:

- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición

Para máis información: 982284150 / proyectos@fundacioncel.org

Podes consultar o cartel premendo aquí

 

Luns, 19 September, 2022 - 16:00 to Luns, 10 October, 2022 - 20:00

Compartir