Crea o teu plan de empresa

A Fundación CEL, a través da Rede Eusumo, organiza a formación "Crea o teu plan de empresa".

Levarase a cabo os días 5, 12, 19 e 26 de xuño de 2023 nas instalacións da Fundación Cel Iniciativas por Lugo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, en horario de 16:00 h a 20:00 h.

Este curso gratuíto de 16 horas está destinado a cooperativas, sociedades laborais e persoas emprendedoras que aposten pola fórmula de cooperativa e economía social.

O obxectivo desta actividade é que as persoas promotoras deseñen de xeito ordeado a creación da súa empresa, tratando os temas fundamentais para mellorar as probabilidades de éxito, mediante a elaboración do plan de empresa dunha cooperativa ou entidade de economía social dende a idea de negocio, ata a proposta de valor, o plan de marketing, a organización e xestión de persoas e o plan económico-financeiro.

O programa formativo é o seguinte:

MÓDULO 1. Plan de mepresa

MÓDULO 2. Plan de marketing

MÓDULO 3. A organización e as persoas

MÓDULO 4. O plan económico-financeiro

Podes inscribirte a través do seguinte formulario. O número de prazas está limitado a 10 persoas.

Consulta o cartel completo da actividade formativa.

Para máis información: 982 284 150 / info@fundacioncel.org

 

Luns, 5 June, 2023 - 16:00 to Luns, 26 June, 2023 - 20:00

Compartir