Curso "CREACIÓN DE COOPERATIVAS DE ENSINO" en Santiago de Compostela

Dentro das actividades da Rede Eusumo, rede de colaboración cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a Unión de Cooperativas de Ensino de Galicia (UCETAG) organiza no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, Santiago,  o curso gratuito "Creación de Cooperativas de Ensino"  cunha duración de 20 horas.

Que obxectivos persegue o curso?

  • Presentar as características da cooperativa de ensino e as claves que a diferencian doutras fórmulas.
  • Coñecer os pasos que son necesarios para constituír unha cooperativa de ensino con éxito.
  • Orientar sobre as axudas e recursos de apoio dispoñibles.

A quen vai dirixido?

O curso vai dirixido a profesionais que queiran un emprego no ámbito da educación, regrada ou non regrada, que estean pensando na posibilidade de emprender e queiran coñecer cómo facelo baixo a fórmula da cooperativa de ensino.

Cando?

Este curso terá lugar entre os días 25 e 28 de abril de 2016 en horario de mañá de 16:00 h. a 21:00 h. na Universidade de Santiago de Compostela Avda Xoan XX III, s/n. Campus Norte (Santiago de Compostela)

Como inscribirse?

Podes inscribirche chamando contactando con:

Para máis información:

Descarga o programa aquí

Luns, 25 April, 2016 - 18:00 to Xoves, 28 April, 2016 - 18:00

Compartir