Curso de Finanzas para non Financeiros

Curso de Finanzas para non Financeiros

A Fundación CEL, co apoio da Rede Eusumo e a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, imparte este curso dirixido a emprendedores interesados en fórmulas cooperativas.

O obxectivo desta acción formativa é aportar coñecementos e claves efectivas para a adecuada interpretación económica e financeira dunha empresa, polo que está especialmente dirixido a emprendedores do ámbito da economía social, cooperativas e sociedades laborais.

Data: 9, 10, 11 e 12 de xullo de 2018

Horario: 16:00 - 20:00 h

Lugar: Fundación CEL (Praza de Feiras e Congresos de Lugo)

Entre outras cuestións, abordaranse os seguintes contidos:

  • Introdución. As finanzas, visión estratéxica.
  • Autodiagnose. Como analizar a miña propia empresa.
  • Dinámica da conta de resultados. A análise económica.
  • O reflexo da conta de perdas e ganancias sobre a planificación financeira e tesorería.
  • As inversións e amortizacións. Efecto financeiro e reservas.
  • Análise económica de sensibilidade financeira.
  • Plan de tesorería e plan fiscal.
  • Ferramenta clave: o estudo económico -  financeiro.

Prema na seguinte ligazón para ver o programa das xornadas:

Programa

Para realizar a inscrición, prema aquí.

 

Luns, 9 July, 2018 - 16:00 to Xoves, 12 July, 2018 - 20:00

Compartir