Estudantes de Curtis achéganse ao cooperativismo con AGACA e Feiraco

Esta mañá estudantes do CEIP de Teixeiro (Curtis) participaron nunha xornada didáctica sobre cooperativismo na Fundación Feiraco, situada en Ames.
A actividade forma parte da Rede Eusumo, para impulsar o cooperativismo e a economía social.
 
Técnicos de AGACA impartiron unha xornada as características da economía social para 36 estudantes de cuarto, quinto e sexto de Primaria do colexio de Teixeiro. 
 
Destacáronse, como cualidades das cooperativas, a toma democrática de decisións e a distribución equitativa de beneficios, además da súa adaptabilidade a todo tipo de sectores produtivos e de servizos. 
 
Ademais, percorreron as instalacións da cooperativa láctea Feiraco  (Ames), onde viron paso a paso os pormenores da elaboración dos produtos lácteos,  así como o funcionamento dunha sociedade cooperativa. 
 
AGACA e a Fundación Feiraco, que dende o 2012 funciona como un dos “Centros Rede Eusumo” para a dinamización do emprendemento cooperativo, participan así, unha vez máis, nun dos proxectos da Rede Eusumo, impulsada pola Xunta de Galicia dende o ano 2011. 
 
Rede Eusumo
 
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
 
 
Mércores, 11 April, 2018 - 16:45

Compartir