Dairylac recibe a estudantes de Guitiriz para mostrarlles o mundo do cooperativismo

  • Dairylac recibiu esta mañá a 29 estudantes do instituto Poeta Díaz Castro (Guitiriz).
  • Coñeceron en que consiste o cooperativismo e visitaron as instalacións de Dairylac en Melide.A actividade é parte da Rede Eusumo para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social.

 

Os Técnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) impartiron o mércores 18 de abril de 2018 nas instalación de Dairylac (Melide) un obradoiro de divulgación de la economía social como opción de futuro profesional rendible e estable. Particiou unha trintena de estudantes de segundo curso de Secundaria do instituto Poeta Díaz Castro, de Guitiriz.

Entre as vantaxes do modelo cooperativo destacáronse a toma democrática de decisións, o reparto equitativo de beneficios e a diminución dos riscos de emprendemento.  

Ademais, persoal de Dairylac, un proxecto empresarial liderado por cooperativas e dedicado ao sector lácteo, explicoulles como se organiza a loxística na fábrica e algúns conceptos e estratexias de márketing. Finalmente, os estudantes probaron mostras dos diferentes tipos de queixo e leite que se procesan en Dairylac.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

 

Xoves, 19 April, 2018 - 10:45

Compartir