Descubre as actividades previstas para o Mes do Cooperativismo

Durante o mes de xuño, e culminando o 1 de xullo (día do cooperativismo) terán lugar unha serie de actos e eventos englobados no Mes do Cooperativismo.

Entre eles destacan os seguintes:

  • Cooperativismo en movemento: espectáculo dirixido a toda a familia, en clave de humor, para poñer de manifesto os valores do cooperativismo e ensalzar esta forma de emprendemento. Marcos Pereiro fará o monólogo “Salvar ao cooperativista Adrián” (que recorda a Salvar ao Soldado Ryan), con acompañamento musical en directo.
  • Cooperativismo nas escolas: celebrarase un espectáculo teatral - musical nos centros educativos premiados no certame cooperativismo no ensino (categorías desde infantil a ESO) a cargo de Xarope Tulú. Neste acto farase entrega dun diploma conmemorativo aos premiados.
  • Cooperativismo de portas abertas. Ao longo do mes promocionarase a través de correos, mensaxes en rrss, publicación de vídeos etc, para que o día antes do día do cooperativismo, as cooperativas se animen a abrir as súas portas e darse a coñecer.
  • Día do cooperativismo; con entrega de premios (premios á cooperación e certame cooperativismo no ensino nas categorías de FP), espectáculo, actuación musical e degustación de produtos cooperativos. Este ano será en Terras da Mariña (Lourenzá).
Martes, 6 June, 2017 - 13:00

Compartir