Formación: Dirección e xestión financeira nas Cooperativas

Espazo Coop, a través da Rede Eusumo, organiza unha nova actividade formativa:

DIRECCIÓN E XESTIÓN FINANCEIRA NAS COOPERATIVAS

 

Datas: 26/10/18 e 8/11/18 (2 sesións)

Lugar: Rúa Tomiño 22 entreplanta – Santiago de Compostela (Sede de AGACA)

Horario: de 9:30 a 14: 30 e de 16:00 a 18:30 horas (7h 30m / sesión)

Duración: 15 horas

Programa formativo:

1. A xestión financeira. Que é e para que serve?
2.Ferramentas financeiras
3. Contabilidade previsional e orzamentaria
4. Seguimento da actividade: custos e marxes
5. Ferramentas de control e análise de desviacións

Obxectivos:

  • Atender as necesidades formativas específicas de mellora na xestión empresarial e capacitación para a dirección e xerencia das cooperativas e entidades participantes.
  • Mellorar a situación dos procedementos e sistemas de dirección empresarial das cooperativas e entidades participantes, mediante operativas adaptadas ao modelo.
  • Divulgar de forma práctica ás cooperativas e entidades participantes, boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora dos seus procedementos de xestión e sistemas de dirección.
  • Potenciar o coñecemento mútuo e o intercambio de experiencias das cooperativas e entidades participantes que permitan establecer alianzas futuras.

Destinatarios: Preferentemente Cooperativas, persoas socias pertencentes a equipos directivos, consellos reitores, e socias e asalariadas con responsabilidades na área de Dirección e Xestión Financeira de Cooperativas e entidades participantes.

Inscripcións:

- Gratuíta para Cooperativas e organizacións de economía social

- Podes inscribirte no seguinte formulario.

- Para ter máis información ou realizar a inscripción tamén podes dirixirte ao 881887456 ou a tino@espazo.coop

 

Venres, 26 October, 2018 - 09:30 to Xoves, 8 November, 2018 - 18:30

Compartir