Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito

A cooperativa Milhulloa recibiu onte a 40 estudantes do pontevedrés Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán. Esta actividade está dentro do obradoiro “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito”, enmarcado dentro do programa da Rede Eusumo para impulsar o cooperativismo e a economía social.

O obxectivo desta xornada é dar a coñecer o cooperativismo entre o estudantado, para que o teñan en consideración ao finalizar os seus estudos. Para iso, persoal de Milhulloa guiounos polas instalacións da cooperativa e explicoulles o proceso de cultivo, de preparación, de secado e de envasado das súas especias e herbas medicinais e a elaboración de cosméticos, así como as distintas fases que pasou a cooperativa no seu camiño cara a constituírse como un negocio rendible.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

 

Venres, 12 April, 2019 - 12:30

Compartir