Do 2 ao 5 de xullo: Ferramentas imprescindibles para un emprendedor cooperativo

Ferramentas imprescindibles para un emprendedor cooperativo

A Fundación CEL organiza este novo curso de formación co obxectivo de mellorar a comunicación interna na empresa, logrando que os equipos sexan máis efectivos e produtivos, aliñando ás persoas cos obxectivos da cooperativa ou sociedade laboral que proveñen das disciplinas do PNL e o coaching que axudarán aos participantes a mellorar as súas capacidades de venta.

Data: do 2 ao 5 de xullo de 2018

Lugar: Centro de Iniciativas Empresariais Fundación CEL

Contidos:

Sesión 1: Comunicación efectiva (4 horas)

Analizarase a comunicación interna como peza fundamental para lograr equipos máis efectivos e productivos, profundizando en temas como a escoita activa, preguntas ou empatía.

Sesión 2: PNL e coaching para as ventas (4 horas)

Analizaranse as ferramentas axeitadas para vender de forma efectiva, como vía para garantir a viabilidade da cooperativa, sociedade laboral ou a emprendedores interesados nestas fórmulas.

Sesión 3: Falar en público (4 horas)

Fomentarase o dominio desta habilidade, como fórmula para aportar confianza á persoa emprendedora e as súas posibilidades de facer negocios.

Sesión 4: Negociación cooperativa. Presentación ferramentas de apoio ao cooperativismo e economía social (4 horas)

Proporcionaranse ferramentas para realizar negociacións segundo o método Harvard, fundamentadas en alcanzar acordos duradeiros e sustentables.

 

Prema aquí para ver o programa completo.

As prazas son limitadas e cubriranse por orden de inscrición:

Inscrición

Entregarase diploma acreditativo de asistencia.

 

Luns, 2 July, 2018 - 10:15 to Xoves, 5 July, 2018 - 10:15

Compartir