Do 22 ó 31 de maio: Curso gratuíto "As cooperativas no sector da hostelería"

O Camiño de Santiago, principal motor económico dos concellos polos que pasa, fai da hostelería un sector en expansión.

Este curso recolle en 20 horas presenciais varios módulos nos que se percorren de xeito teórico-práctico os pasos e recursos para a realización con éxito dunha cooperativa no sector dos servizos hostaleiros.

Esta actividade, organizada pola Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, vai dirixida a todos aqueles emprendedores, persoas titulares de pequenos establecementos hostaleiros polos que pasa o Camiño Francés e todos aqueles que queiran consolidar o seu proxecto cooperativo.

Data:

Días 22, 23, 28 e 29 de maio: de 16:00 a 19:00 horas.

Días 24, 25, 30 e 31 de maio: de 16:00 a 18:00 horas.

Lugar:

Centro Comarcal da Ulloa – Avda. Compostela nº 47 27200 Palas de Rei (Lugo).

A inscrición é gratuíta a través dos teléfonos 982545070 (Ext 6)/606306254 ou do correo electrónico mancomunidade.frances@gmail.com

Consulta o programa formativo no folleto da actividade:

 

Martes, 22 Maio, 2018 - 16:00 to Xoves, 31 Maio, 2018 - 18:00

Compartir