Do 30 de novembro ao 2 de decembro, XI Edición CULTURGAL

Un ano máis, a Secretaría Xeral de Emprego invita a todas as entidades de economía social galegas a participar na XI Edición da Feira das Industrias Culturais CULTURGAL, que celebraráse do 30 de novembro ao 2 de decembro de 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Neste evento, as cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción e outras entidades que forman parte deste colectivo, terán a posibilidade de exponer os seus produtos ou servizos, celebrar reunións de traballo, realizar actividades de difusión ou promocionais e acadar alianzas e colaboracións cos outros co-expositores a través dun stand conxunto que poñemos á súa disposición.

As entidades que queiran participar deben comunicar o seu interese no seguinte enderezo electrónico: economiasocial.emprego@xunta.es  antes do 5 de novembro, indicando:

  1. Nome da entidade
  2. Persoa de contacto 
  3. Teléfono
  4. Enderezo electrónico
  5. Actividade

*A participación no estand é compartida e libre de custos para o expositor, correndo só ao seu cargo os materiais propios para a súa exposición e o persoal de atención preciso para realizar a actividade.

 

Venres, 30 November, 2018 - 10:00 to Domingo, 2 December, 2018 - 10:00

Compartir