ECONOMÍA SOCIAL MEETING

Espazo coop organiza a seguinte actividade formativa:

ECONOMÍA SOCIAL MEETING

DATA E HORARIO: 16 de Novembro 2018 de 09:30 – 11:30 h.

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Rúa Tomiño, 22 – baixo, Santiago de Compostela (na sede de AGACA Unión de Cooperativas Agrarias)

OBXECTIVOS DA XORNADA:

  • Presentación mutua das entidades participantes: entidades representativas, cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción. Mediante técnicas de presentación e intercambio de coñecementos e experiencias.
  • Posibilitar a transferencia de experiencias, metodoloxías, ou solucións para a posta en marcha de estratexias de cooperación.
  • Dar a coñecer as convocatorias da Axencia Galega de Innovación, no ámbito da I+D+i e valorar aquelas liñas que poden ser de maior interese para as entidades participantes.

CONTIDOS:

  • No marco das futuras convocatorias das liñas de apoio á I+D+i da Axencia Galega de Innovación, as entidades que compoñen o Foro pola Economía Social Galega levarán a cabo esta xornada de networking para dalas a coñecer e facilitar o coñecemento mutuo e o intercambio de información neste ámbito concreto. Con carácter previo remitirase información das entidades e persoas articipantes.
  • As propostas de colaboracións e intercooperación teranse en conta para a celebración dos seguintes Meetings que seguindo a liña deste, terán un contido máis específico en canto a temática, ben sexa sectorial ou transversal segundo o interese das entidades de economía social participantes.
  • Trala realización do encontro enviarase unha pequena enquisa de avaliación na que tamén se recollerán outras propostas de intercooperación ou contidos para os seguintes Meetings.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:

Descarga aquí o programa da actividade e inscribete a través deste formulario

881 887 456 - tino@espazo.coop

 

Xoves, 8 November, 2018 - 10:45

Compartir