Economía social meeting

Agaca organiza a seguinte xornada formativa:

ECONOMÍA SOCIAL MEETING

 

DATA: 16 de maio

HORARIO: de 11:30 a 13:30 horas

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sede da UNIÓN DE COOPERATIVAS AGACA, sita en Rúa Tomiño 22, Entreplanta, 15703, Santiago de Compostela (A Coruña)

DESTINATARIOS: persoas socias de cooperativas e sociedades laborais, persoas traballadoras e persoal técnico das entidades do 'Foro pola Economía Social Galega', grupos promotores, entidades de asesoramento a cooperativas, persoas técnicas de promoción empresarial e outras entidades e redes da economía social e solidaria.

OBXECTIVOS DA XORNADA:

- Presentación de ACLUXEGA (Asociación Cluster da Xeotermia Galega): información xeral das empresas de xeotermia de Galicia.
- Coñecer as posibilidades da enerxía xeotérmica en Galicia para as familias e pequenas empresas: principais características desta enerxía, usos máis habituais e os custes de investimento da mesma. 
- Breve explicación das axudas do INEGA: Proxectos de enerxía renovable e aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria e Proxectos de enerxía renovables términas ás que poden acceder como beneficiarios as entidades sen ánimo de lucro, as empresas e os autónomos.

PROGRAMA:

11:30 h - Recepción e entrega de documentación
11:45 h - Presentación das entidades e persoas participantes, presentación das axudas do Inega en vigor dirixidas á enerxías renovables
12:00 h - Presentación de Acluxega, presentación da Xeotérmica e a súa aplicación nas vivendas unifamiliares, explotacións e pequenas empresas
13:30 h - Peche do encontro

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:

- Descarga aquí o programa da actividade.

- No 981 58 49 11 / hmougan@agaca.coop

 

Xoves, 16 Maio, 2019 - 11:30 to 13:30

Compartir