Coñece aos partipantes do stand da Economía Social de Galicia na Feira Expoordes 2018

Na última fin de semana deste mes, do 27 ao 30 de abril de 2018, celébrase en Ordes unha nova edición da Feira ExpoOrdes, na que poderedes coñecer as últimas novidades en alimentación, cooperativismo, agricultura, gandeiría, artesanía e outras moitas áreas profesionais.

Preto dun centenar de postos en 13.000 metros cadrados de superficie estarán alí para mostrar os seus proxectos, convertindo esta feira nunha das máis importantes da provincia.

Animamos a todos os participantes a asistir e especialmente a visitar o stand da Economía Social de Galicia, no que particirán seis cooperativas e un centro especial de emprego: Condado Paradanta S. Coop. Galega, Cooperativa Agraria Comercial S. Coop. Galega (Bico de Xeado), Bodegas Eidosela S. Coop. Galega, 3 Fuciños S. Coop. Galega, Milhulloa S. Coop. Galega, Terras da Mariña S. Coop. Galega e Freshcut S.L. (Galifresh).

Nesta ligazón podedes descargar as fichas informativas dos participantes.

Venres, 20 April, 2018 - 10:00

Compartir