ECONOMÍA SOCIAL MEETING - Sesións de intercooperación

ECONOMÍA SOCIAL MEETING

No marco das convocatorias das liñas de colaboración, necesidades e servizos das entidades de innovación e consultoría social, as entidades que compoñen o Foro pola Economía Social Galega levarán a cabo esta xornada de networking para dalas a coñecer e facilitar o intercambio de información neste ámbito concreto.
As propostas de colaboracións e intercooperación teranse en conta para a celebración dos seguintes Meetings que seguindo a liña deste, terán un contido máis específico en canto a temática, ben sexa sectorial ou transversal segundo o interese das entidades de economía social participantes.

Data: 24 de abril de 2019

Horario: de 10:00 a 12:00 horas

Duración: 2 horas

Lugar: CENTRO SOCIOCULTURAL ENSANCHE, Rúa de Frei Rosendo Salvado, 16, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña)

Destinatarios: Persoas socias de cooperativas e sociedades laborais, traballadoras e persoal técnico das entidades do 'Foro pola Economía Social Galega' (Agaca, Cegasal, Aeiga, Aesgal, EspazoCoop), grupos promotores, entidades de asesoramento a cooperativas, persoas técnicas de promoción empresarial e outras entidades e redes da economía social e solidaria.

Programa:

10:00 h - Recepción e entrega de documentación.
10:15 h - Presentación conxunta das entidades e persoas participantes, presentación da Rede Eusumo, e do programa Economía Social Meeting para fomento da intercooperación.
10:30 h - Presentación das distintas liñas de colaboración, necesidades e servizos das entidades de innovación e consultoría social, transferencia e intercambio de experiencias, metodoloxías, e boas prácticas.
12:00 h - Peche do encontro.

Obxectivos:

- Presentación mutua das entidades participantes: entidades representativas, cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción. Mediante técnicas de presentación e intercambio de coñecementos e experiencias.
- Posibilitar a transferencia de experiencias, metodoloxías, ou solucións para a posta en marcha de estratexias de cooperación.
- Dar a coñecer contidos específicos das liñas de colaboración, necesidades e servizos das entidades de innovación e consultoría social.

Inscrición: a través do seguinte formulario ou no 881887456 / tino @espazo.coop

Preme aquí para acceder ao programa.

 

Mércores, 24 April, 2019 - 10:00

Compartir