Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio

AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) organiza o obradoiro ‘Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio no marco da Rede Eusumo.

Levarase a cabo en modalidade en liña a través da plataforma Zoom do 30 de maio ao 13 de xuño de 2023.

Un dos obxectivos desta actividade é comprender o concepto de empresa cooperativa e da persoa emprendedora e valorar o seu papel como axente xerador de riqueza e motor económico no ámbito rural.

As sesións desta actividade gratuíta serán as seguintes:

1ª Sesión - 30 de maio. Por que emprender?

2ª Sesión - 1 de xuño. Elaboración do plan emprendedor

3ª Sesión - 6 de xuño. Xeración e maduración de ideas para un proxecto emprendedor no medio rural

4ª Sesión - 8 de xuño. A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento

5ª Sesión - 13 de xuño. 12 oportunidades de negocio para o emprendemento no medio rural

Se estás interesad@, inscríbete mediante este formulario ou en agaca@agaca.coop.

Podes consultar o cartel completo.

Para máis información, contacta a través de agaca@agaca.coop / 981 584 783.

 

Martes, 30 Maio, 2023 - 10:00 to Martes, 13 June, 2023 - 13:00

Compartir