Emprendendo en cooperativas

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa en Porto do Son:

EMPRENDENDO EN COOPERATIVAS
 

Datas: do 3 ao 6 de agosto de 2021

Horario e modalidade: presencial

Horario: de 09:30 a 14:30 horas

Duración: 20 horas

Destinatarios: Persoas que estean pasando por situacións que as poñan en risco de exclusión social, tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas e con interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo.

Obxectivos:

- Achegar o modelo cooperativo ás persoas en situación de risco de exclusión que queren coñecer a fórmula do autoemprego cooperativo.

- Mostrar desde un punto de vista práctico e achegado á realidade das persoas participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.

- Achegar ás participantes os recursos e medidas de apoio existentes que favorecen o emprendemento.

- Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo. Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.

- Descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.

Programa formativo:

Módulo 1- O emprendemento. A situación actual do emprego
Módulo 2 - O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego.
Módulo 3 - Organización e financiamento. Apoios para o emprendemento
Módulo 4 - Experiencia cooperativa. Boas prácticas no cooperativismo

Inscricións:

- Gratuíta

- A través de jose.pazo@portodoson.gal / 981 86 74 12 (Ext: 1302)

 

Martes, 3 August, 2021 - 09:30 to Sábado, 7 August, 2021 - 14:30

Compartir