Encontro de Cooperativas Galicia-Norte de Portugal día 20 de Xuño en Valença

A Eurorrexión Galicia Norte de Portugal - AECT, a CASES - Cooperativa António Sérgio para a Economía Social e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia organizan o Encontro de Cooperativas da Eurorrexión.
 
O evento terá lugar o día 20 de Xuño, na Escola Superior de Ciencias Empresariais do IPVC e ten como finalidade favorecer o interese das cooperativas. Para que esta xornada de traballo sirva como certo punto de encontro e cooperación entre as cooperativas, o evento  dispón dun espazo expositivo para que as cooperativas que queiran estar presentes poidan expor materiais informativos propios ou paneis informativos cos seus principais datos identificativos.

Os interesados deben confirmar a súa presenza ata o día 16 de Xuño para no email: gnpaect@gnpaect.eu  ou a través do teléfono: 0034 986 135 126.

Todas a información sobre o encontro está dispoñible no seguinte programa:

Programa

Fonte: Euroregião Galicia - Norte de Portugal - AECT, Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e CASES

Viernes, 2 Xuño, 2017 - 14:45