Encontro entre cooperativas: Comparte situacións do réxime interno - SUSPENDIDO

Espazocoop a través da Rede Eusumo e en colaboración co Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social POISES, organiza a seguinte actividade formativa:

ENCONTRO ENTRE COOPERATIVAS Nº3 - COMPARTE SITUACIÓNS DO RÉXIME INTERNO
 

Data: 10 de xuño de 2021 - SUSPENDIDO (Pendente nova data)

Horario e modalidade: de 09:30 a 11:30 horas a través da plataforma Zoom

Duración: 2 horas

Destinatarios: Cooperativas socias de EspazoCoop de forma preferente e outras cooperativas galegas non asociadas.

Obxecto: 

  • Avanzar nos contidos do Programa #SaimosCooperando.
  • Pór en común e intercambiar información sobre experiencias e boas prácticas sobre organización interna, funcións e responsabilidades, toma de decisións, regulamentos de rexime interno, e daquela sexa coherente cos obxectivos do Programa.
  • Xerar un espazo de coñecemento mútuo e promoción de posíbeis accións de cooperación entre as cooperativas e persoas participantes aproveitando as sinerxias dos encontros.

Programa da acción:

09:30 h - Benvida e presentación breve das persoas e cooperativas participantes.
09:45 h - Presentación dos Obxectivos do Encontro no marco do programa #SaimosCooperando – Edición 2021.
10:00 h - Intercambio de información sobre experiencias e boas prácticas en organización interna, funcións e responsabilidades, decisións, etc.
11:15 h - Presentación das conclusións dos grupos de traballo.
11.30 h - Peche do encontro.

Inscricións:

- Gratuíta
- A través de www.espazo.coop / tino @espazo.coop

 

Xoves, 10 June, 2021 - 09:30 to 11:30

Compartir