Encontro Impulsocoop

Espazocoop a través da Rede Eusumo e dentro do programa de aceleración de proxectos cooperativos #impulsocooperativo, organiza a seguinte actividade formativa:

ENCONTRO IMPULSOCOOP
 

Data: 20 de setembro de 2021

Horario: de 12:00 a 14:00 horas

Modalidade: en liña a través da aula virtual de Espazocoop

Duración: 2 horas

Destinatarios: Cooperativas socias de EspazoCoop beneficiarias do programa de forma preferente

Finalidade: o intercambio de ferramentas e recursos de interés no ámbito dixital e da xestión, ao tempo que facer comunidade promovendo o coñecemento mutuo.

Obxecto: 

- Dar a coñecer as principais ferramentas de xestión dixital que poden servir de apoio ás cooperativas participantes no seu día a día.
- Fomentar as redes de colaboración e coñecemento mutuo aproveitando a participación no programa de aceleración.
- Estimular o debate e a participación sobre necesidades e problemáticas comúns

Programa da acción:

12:00 h - Benvida das persoas e entidades participantes.
12:15 h - Dinámica e presentación de Ferramentas Dixitais para a xestión na cooperativa.
13:45 h - Consultas, dúbidas, comentarios.
14:00 h - Peche do Encontro.

Inscricións:

- Gratuíta
- A través de www.espazo.coop / tino@espazo.coop

 

Luns, 20 September, 2021 - 12:00 to 14:00

Compartir