Encontro informativo: “As oportunidades do emprendemento social en Galicia”

O vindeiro xoves, día 27 de outubro, ás 11.30 horas, no Centro de Estudos Avanzados (CEA) da Universidade de Santiago de Compostela terá lugar o encontro informativo “As oportunidades do emprendemento social en Galicia”, co obxectivo de dar a coñecer e promover iniciativas empresariais de carácter social nesta comunidade autónoma.

A xornada, organizada por Servimedia da man de Momentum Project España de BBVA, contará coa participación da responsable de Comunicación, RC e Desenvolvemento Institucional do Territorial Noroeste de BBVA, María Piedade González Méndez, e da presidenta de AJE Galicia, Carmen José López.

Os emprendedores galegos Lucía Saborido, fundadora e directora de Sacendi, e Ramón Navarro, cofundador e director de Expansión de Freshcut, presentarán a súa experiencia no desenvolvemento de iniciativas empresariais de carácter social.

O encontro, que será moderado polo director xeral de Servimedia, José Manuel González Huesa, será clausurado pola secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca.

Martes, 25 October, 2016 - 13:15

Compartir