Encontro Intercooperación de Cooperativas | Sector Ensino

EspazoCoop organiza a actividade "Encontro Intercooperación de Cooperativas | Sector Ensino" no marco da Rede Eusumo e do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES).
Este encontro levarase a cabo en liña, mediante a plataforma Zoom, o vindeiro martes 23 de maio de 2023 en horario de 17:00 h a 20:00 h.
Poderán particiapar neste evento as cooperativas de ensino socias de EspazoCoop (de forma preferente), así como outras cooperativas e entidades de economía social galegas de ensino que non sexan socias.
A finalidade e os obxectivos desta actividade son os seguintes:
- Contextualizar o Encontro: Programa Itinerario de Intercooperación EspazoCoop 2023 / Sectorial Cooperativas de Ensino de ESPAZOCOOP.
- Xerar un espazo de coñecemento mutuo e promoción de posibles accións de cooperación para 2023 entre as cooperativas e persoas participantes.
- Actualizar información de interese: convocatoria de actividades, novidades normativas e liñas de financiamento de interese.
O programa será o seguinte:
17:00 h. - Benvida e presentación das persoas e cooperativas participantes.
17:30 h. - Presentación do Programa Itinerarios de Intercooperación – Edición 2023. Presentación doutros programas, actividades e convocatorias públicas de interese potencial para as cooperativas participantes
18:00h. - Dinámica de traballo para concretar e dar contido a posíbeis actividades-proxectos de intercooperación a nivel (inter)sectorial para 2023.
19:30 h. - Recollida de conclusións e peche do Encontro.
Inscríbirte a tavés deste formulario.
Para calquera dúbida, podes contactar con Roberto Andrés Sanmartín (Técnico da Unión de Cooperativas EspazoCoop) a través do correo roberto@espazo.coop ou do número 986 86 61 49.