Encontros co-creativos para detectar de oportunidades e xerar novas ideas de negocio sostibles

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) organiza a actividade "Encontros co-creativos para detectar de oportunidades e xerar novas ideas de negocio sostibles" dentro do proxecto “Laboratorio de iniciativas sostibles” e a través da Rede Eusumo.

O "Laboratorio de iniciativas sostibles", iniciouse no ano 2022 como unha aposta da CEO por fomentar a competitividade do tecido socio-económico da provincia de Ourense, así como a promoción do emprendemento, o cooperativismo e a economía social nos vindeiros anos.

As novas insfraestructuras de transporte, os fondos NextGenerationEU, a dixitalización ou a actual demanda de sectores como o vitivinícola, o termalismo ou o gastronómico constitúen oportunidades sen precedentes para a experimentación, a innovación, a investigación e a colaboración entre entidades. Por este motivo este ano 2023 a CEO está a desenvolver varias mesas de traballo en diferentes puntos estratéxicos da provincia de Ourense coa finalidade de desenvolver ideas e estratexias arredor de varias temáticas:

  • A chegada do AVE e o turismo sostible
  • O futuro do comercio e a fronteira con Portugal
  • Os nosos maiores e o repoboamento do rural
  • O noso campo e a loita contra o lume.

A próxima mesa de traballo desenvolverase o 18 de setembro de 13:00 h a 17:00 h no Restaurante Coto de Ourense. O obxectivo será identificar e xerar ideas de negocio en torno aos 4 eixos do proxecto, empregando dinámicas lúdicas dirixidas por persoas expertas.

As inscricións poden facerse a través deste formulario.

Para máis información visita laboratoriodeiniciativas.com

 

Luns, 18 September, 2023 - 13:00 to 17:00

Compartir