Encontros co-creativos para detectar oportunidades e xerar novas ideas de negocio sustentables

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) pon en marcha varias mesas de traballo na provincia de Ourense para desenvolver ideas de negocio sociais e sustentables. Esta actividade realizaranse dentro do proxecto “Laboratorio de iniciativas sostibles” e a través da Rede Eusumo.

O "Laboratorio de iniciativas sostibles", iniciouse no ano 2022 como unha aposta da CEO por fomentar a competitividade do tecido socio-económico da provincia de Ourense, así como a promoción do emprendemento, o cooperativismo e a economía social nos vindeiros anos.

As novas insfraestructuras de transporte, os fondos NextGenerationEU, a dixitalización ou a actual demanda de sectores como o vitivinícola, o termalismo ou o gastronómico constitúen oportunidades sen precedentes para a experimentación, a innovación, a investigación e a colaboración entre entidades. Por este motivo este ano 2023 a CEO está a desenvolver varias mesas de traballo en diferentes puntos estratéxicos da provincia de Ourense coa finalidade de desenvolver ideas e estratexias arredor de varias temáticas:

  1. A chegada do AVE e o turismo sostible
  2. O futuro do comercio e a fronteira con Portugal
  3. Os nosos maiores e o repoboamento do rural
  4. O noso campo e a loita contra o lume.

As próximas mesas de traballo desenvolveranse en diferentes ubicacións da provincia de Ourense e todas terán como obxectivo identificar e xerar ideas de negocio en torno aos 4 eixos do proxecto, empregando dinámicas lúdicas dirixidas por persoas expertas.

  • 2 de xuño de 10:30 h a 14:30 h no Barco de Valdeorras
  • 12 de xuño de 13:00 h a 17:00 h na Sede da Confederación Empresarial de Ourense

As inscricións poden facerse a través deste formulario.

Para máis información visita laboratoriodeiniciativas.com

 

 

 

Venres, 2 June, 2023 - 10:30 to 14:30

Compartir