A equidade como proposta de valor das entidades de ESS

Reas Galicia, en colaboración coa Asociación Veciñal de Salcedo e o Concello da Pobra de Brollón, organizan a actividade 'A equidade como proposta de valor das entidades ESS' no marco da Rede Eusumo.

Trátase dunha xornada de aprendizaxe colectiva para reflexionar sobre a equidade como proposta de valor das entidades de economía social e solidaria.

Levarase a cabo en modalidade presencial 27 de outubro de 2023 na Nave Multiusos de Salcedo (Lugo), en horario de 11:00 h a 17:30 h.

Esta xornada vai destinada a:

  • Persoas e entidades de ESS afíns ao ámbito do traballo en igualdade, servizos sociais, economia dos coidados ou lideradas por mulleres
  • Socias de REAS Galicia
  • Persoas ou entidades vinculadas aos sectores produtivos locais e ecolóxicos

O programa que se deselvolverá será o seguinte:

11:00 - 13:30

- Que é REAS Galicia?

- A equidade, que significa?

- Diagnóstico participativo

15:00 - 17:30

- Coñecemos a experiencia da Asociación Veciñal de Salcedo

- Co-creación dun Recetario de ValorESS

Se queres inscribirte na xornada ou solicitar máis información, contacta a través de reasgalicia@reasnet.com

 

Descarga o cartel

 

Venres, 27 October, 2023 - 11:00 to 17:00

Compartir