Escolares de Bergondo descobren a Cooperativa en Trasancos

Este mércores 19 de setembro na Fundación Terra de Trasancos (Narón), corenta estudantes de formación profesional dos ciclos de Xardinaría de Floraría e de Paisaxismo e Medio Rural do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo recibiron formación acerca das calidades que fan das cooperativas un modelo de negocio sustentable e estable no medio rural.

Entre as características positivas describiuse a toma democrática de decisións e o reparto equitativo de beneficios.

O persoal da entidade mostroulles as instalacións e o funcionamento de Terra de Trasancos, onde se desarrollan actividades en varias áreas, entre elas, invernadoiro agrícola, supermercado e perruquería.

 

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

 

Mércores, 19 September, 2018 - 10:00

Compartir