Escolares de Vilalba descobren as Cooperativas en Trasancos

Este venres, 28 de setembro na Fundación Terra de Trasancos (Narón), trinta e un estudantes do IES Lois Peña Novo recibiron formación acerca das calidades que fan das cooperativas un modelo de negocio sustentable e estable no medio rural.

Entre as características positivas describiuse a toma democrática de decisións e o reparto equitativo de beneficios.

O persoal da entidade mostroulles as instalacións e o funcionamento de Terra de Trasancos, que desarrolla actividades en varias áreas, entre elas, invernadoiro agrícola, supermercado e perruquería.

 

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social.

 

Venres, 28 September, 2018 - 10:00

Compartir