Este Nadal, fomenta o consumo que contribúe á economía social

Achéganse as festas do Nadal, unha época que os galegos e galegas dedicamos a estar coa familia e os nosos seres queridos. Pero tamén son datas dun gran consumo. Diversas fontes estiman que, en Galicia, cada persoa gastará de media 591 euros con motivo desta festividade.

 

Imaxinas que, coa túa contribución, puideras fomentar que parte dese gasto se destine á economía social máis próxima á túa contorna?

 

Desde a Rede Eusumo queremos incentivar un Nadal máis social e cooperativo pedíndoche só unha cousa:

 

Se formas parte dunha empresa de economía social de Galicia, propoñémoste que nos envíes unha foto túa posando cun obxecto que simbolice a actividade da túa entidade e nos envíes tamén unha frase respondendo á seguinte pregunta:

 

Por que é importante consumir contribuíndo á economía social?

 

A imaxe e o texto non poderán conter mensaxes comerciais e debes envialos ao enderezo electrónico economiasocialgalicia@gmail.com indicando no asunto o nome da persoa que posa e a empresa á que representa. Unha vez recibida e revisada, publicaremos a imaxe nas contas de Facebook e Twitter da Rede Eusumo.

 

Se o prefires, tamén podes subir directamente a foto ao teu perfil de Facebook e/ou Twitter etiquetando ou mencionando a Rede Eusumo e encargarémonos de revisala e subila aos nosos perfís sociais.

Moitas gracias polo teu apoio!

 

Podes atoparnos en…

http://eusumo.gal

Facebook: https://www.facebook.com/eusumogal

Twitter: https://twitter.com/eusumogal

 

 

Venres, 9 December, 2016 - 10:30

Compartir