Estudantes do CFEA de Guísamo participaron nunha xornada didáctica sobre cooperativismo na cooperativa Milhulloa

  • A cooperativa de traballo asociado Milhulloa (Palas de reis) acolleu esta mañá a un grupo de estudantes de formación profesinal do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo.
  • Percorreron as instalacións da cooperativa e persoal da entidade explicoulles o proceso de cultivo, de preparación, de secado e de envasado dos seus produtos, así como as distintas fases que pasou a cooperativa no seu camiño cara a constituírse como un negocio rendible.

Milhulloa e unha cooperativa de traballo asociado cunha traxectoria de 18 anos dedicada á produción de especias, herbas medicinais, cosméticos e outros produtos derivados do campo, algúns de forma ecolóxica.
O obxectivo destas iniciativas de “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito” é dar a coñecer este modelo de negocio entre o estudantado para que o teñan en consideración ao finalizar os sus estudios.

Esta actividade forma parte da Rede Eusumo e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) para impulsar o cooperativismo e a economía social.

 

Xoves, 28 February, 2019 - 18:30

Compartir