Estudantes do colexio O Corgo aprenden sobre cooperativismo en Terra de Trasancos

  • Alumnado do colexio de O Corgo participou esta mañá nunha charla formativa e percorreu as instalacións da Fundación Terra de Trasancos (Narón).
  • A actividade é parte da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Santiago de Compostela, martes 19 de xuño de 2018. – O alumnado de quinto e sexto de Primaria do colexio de O Corgo aprendeu esta mañá na Fundación Terra de Trasancos (Narón) as cualidades que fan das cooperativas un modelo de negocio sustentable e estable no medio rural.

Entre as características positivas describiuse a toma democrática de decisións e o reparto equitativo de beneficios.

Persoal da entidade mostroulles as instalacións e o funcionamento de Terra de Trasancos, que desenvolve actividades en varias áreas, entre elas agrícola, supermercado e perruquería.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Martes, 19 June, 2018 - 17:30

Compartir