Feiraco e Rede Eusumo abren as portas do cooperativismo a 50 estudantes de Vilalba

Esta mañá preto de 50 estudantes de primaria de Vilalba visitaron  Feiraco  (Ames) para aprender o funcionamento das cooperativas e a súa importancia socioeconómica.  

A actividade forma parte da Rede Eusumo, promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar a economía social e o cooperativismo como modelo de negocio de éxito.

A cooperativa láctea Feiraco acolleu esta mañá a medio centenear de estudantes de primaria procedentes de dous colexios de Vilalba, o Monseivane e o Terra Cha. O alumnado recibiu unha charla sobre as oportunidades que ofrecen as cooperativas en canto á xeración emprego estable  no medio rural, a cargo de técnicos de AGACA. O obradoiro enmárcase no ciclo de “Emprendemento e cooperativas. Modelo de éxito” da Rede Eusumo. José Montes, presidente de Feiraco, falou aos estudantes sobre a entidade e sobre o papel das cooperativas no mantemento e progreso socioeconómico do medio rural.

A continuación, para coñecer o funcionamento diario da cooperativa, realizouse un percorrido polas súas instalación, no que persroal da entidade explicou o proceso de transformación e envasado do leite.

Rede Eusumo

Feiraco funciona como un dos "Centros Rede Eusumo" para a dinamización do emprendemento cooperativo.

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor no ámbito local, comarcal e transfronteirizo prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social no territorio de actuación

 

Miércoles, 14 Xuño, 2017 - 18:30