Formación cooperativa para persoas que queren emprender

Do 13 ao 16 de setembro en Vilagarcía de Arousa terá lugar unha nova acción formativa de UGACOTA, dirixida a persoas que queren emprender.

O programa comprende os seguintes módulos:

1º O emprendemento.- Presentación de Ugacota e da Rede Eusumo. O emprendemento fronte a outras formas de emprego. O emprendemento colectivo e en cooperativa:  Condicións básicas. Perfil da persoa emprendedora. As cooperativas fronte a outros tipos de empresas.

2º O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego.- Principios e valores do cooperativismo. Tipos de Cooperativas. As cooperativas de traballo asociado. Aspectos propios das cooperativas de traballo asociado.

3º Organización e financiamento.- A organización nas sociedades cooperativas. O réxime económico e fiscal nas cooperativas. A viabilidade económica e societaria. Proceso de constitución.

4º Experiencia Cooperativa.

Lugar:

Entidade da Rede Eusumo
Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa
Rúa Doutor Tourón 46
Vilagarcía de Arousa

Horario:

9:30 - 14:30 horas

Máis información:

http://www.ugacota.coop

Martes, 13 September, 2016 - 04:30 to Venres, 16 September, 2016 - 09:30

Compartir