Axudas para a realización do Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego

Xa están publicadas no DOG as axudas do Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego convocadas para os anos 2019, 2020, 2021 e 2022.

Obxecto: Subvencionar a centros especiais de emprego sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de proxectos de formación dual baseados nun réxime de alternancia entre o emprego e a formación recibida no marco do Sistema de formación profesional para o emprego.

Finalidade: capacitar persoas con discapacidade intelectual para mellorar a súa inserción profesional, a través de proxectos de formación adaptados, que alternen entre o emprego e a formación e que habiliten a obtención de certificados de profesionalidade.

Beneficiarios: persoas físicas ou xurídicas que na data de presentación da solicitude figuren inscritas como centros especiais de emprego no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e que cumpran as seguintes condicións:

  • Estar cualificados sen ánimo de lucro
  • Contar cun mínimo de dez traballadores, dos cales como mínimo un 30% deben ter discapacidade intelectual.
  • Ter solicitado ante a xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria o inicio da actividade formativa para a impartición da formación profesional dual, mediante a contratación por conta allea de persoas con discapacidade intelectual desempregadas, na modalidade de contrato para a formación e a aprendizaxe.

Custos subvencionables: 

O importe da subvención financiará os seguintes conceptos:

  • Axuda ao custo salarial das persoas alumnas-traballadoras: consiste no financiamento parcial do custo salarial das persoas alumnas-traballadoras con dicapacidade intelectual que estean de alta na Seguridade Social mediante un contrato para a formación e o aprendizaxe.
  • Axuda para o persoal de apoio e acompañamento ás persoas con discapacidade: consiste no financiamento dos custos salariais das persoas contratadas para o apoio e o acompañamento das persoas con discapacidade no seu posto de traballo.
  • Axuda para a actividade formativa: financiarase a actividade formativa a o máximo do 50% da xornada laboral estipulada por convenio colectivo.

Solicitudes: presentarase unha solicitude por cada proxecto de formación dual. Cada centro especial de emprego poderá presentar un máximo de dous proxectos, que deberán orientarse á obtención de difrentes certificados de profesionalidade.

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación das solicitudes das axudas será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Preme aquí para consultar a Orde.

Se estas interesado en presentar unha solicitude preme aquí.

 

Venres, 4 October, 2019 - 15:00

Compartir