Formación: Ideas cooperativas en acción

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

IDEAS COOPERATIVAS EN ACCIÓN
 

Datas: do 22 de xuño ao 21 de xullo de 2021

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 23 de xuño, 7 e 20 de xullo en horario de 11:00 a 12:00 h.

Duración: 40 horas

Destinatarios: Persoas emprendedoras interesadas no autoemprego cooperativo; persoas cunha idea de negocio que queren avaliar a opción cooperativa e axentes intermedios que asesoran proxectos cooperativos.

Obxectivos:

- Mostrar as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.
- Elaborar conxuntamente o prototipo do noso proxecto.
- Avaliar requisitos e compromisos como grupo promotor, tarefas a desenvolver, calendario de actuacións.

Programa formativo:

1. Presentación
1.1 Coñece ás cooperativas:
1.2 Coñece a Economía Social

2. Como se traballa nunha cooperativa. Condicións básicas.
2.1 Que é unha cooperativa

3.Prototipa a túa idea de negocio cooperativo (CANVAS)
3.1 O equipo e as persoas
3.2 A idea
3.3. Madura a túa idea cooperativa
3.4 Responsabilidade Social da túa idea

4. Estudia a viabilidade económica e financeira
4.1 Analiza a área económico financeira.

5. Organización da cooperativa
5.1 Organigrama Cooperativo
5.2 Competencias da Asemblea
5.3 Organización Societaria e do traballo

6. Elaboración Plan de empresa e Constitución
6.1 Descrición Xeral do Proxecto
6.2 Estudo de Mercado
6.3 Plan de Mercadotecnia
6.4 Plan de Produción
6.5 Plan de Recursos Humanos
6.6 Forma xurídica
6.7 Plan económico - financeiro

Inscricións:

- Gratuíta

- A través do seguinte formulario

- Máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456

Podes acceder ao cartel premendo aquí.

 

Martes, 22 June, 2021 - 11:00 to Mércores, 21 July, 2021 - 12:00

Compartir