Celébrase a II Edición FP Innova Galicia 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca unha nova edición do FP Innova Galicia 2018, un Congreso de Innovación na Formación Profesional. Un espazo no que conflúen innovación e emprendemento, formación e empresa, e que permite achegarnos a todas as posibilidades que ofrece a formación profesional.

O congreso contará cunha zona expositiva de 4.100 m2 no Museo Centro Gaiás, na que os participantes poderán coñecer:

  • A investigación e a innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver en colaboración con empresas e institucións, a través da visualización en directo dos 30 proxectos de innovación.
  • A innovación ligada ao emprendemento, representada nunha mostra de 17 proxectos empresariais de miniempresas que o alumnado e o profesorado puxeron en marcha, no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.
  • A experimentación en primeira persoa das novas tecnoloxías, coa participación nos obradoiros sobre robótica, impresión 3D, electrónica, etc.

 

O evento terá lugar os días 25 e 27 de abril na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

Nesta ligazón podes visualizar o anuncio do evento.

 

Mércores, 25 April, 2018 - 14:00 to Venres, 27 April, 2018 - 14:00

Compartir