GALICIA, REXIÓN AMIGA DA ECONOMÍA SOCIAL

O vindeiro 5 de xuño celebrarase a designación de Galicia como rexión amiga da economía social, dentro do programa ESER2019 da Comisión Europea.

Este proxecto da a oportunidade á Comunidade Autónoma de Galicia de reunir ás partes implicadas neste eido a nivel rexional e local, debater ideas sobre os retos sociais existentes e, ao mesmo tempo, coñecer as iniciativas, proxectos e programas de apoio da UE e intercambiar puntos de vista cun experto da propia Comisión Europea.
A finalidade é sensibilizar sobre este sector e construír unha economía social en toda Europa baseada no coñecemento.

Un dos requisitos para ser socio desta iniciativa é celebrar un evento a nivel local e/ou rexional en colaboración cos outros actores da economía social.
Galicia celebrará dito evento o vindeiro 5 de xuño ás 12:00 horas no hotel Los Abetos de Santiago de Compostela. O acto está aberto ás entidades da economía social e tamén á cidadanía en xeral, pero prégase confirmación de asitencia antes do 30 de maio no seguinte correo electrónico: eventoeconomiasocial@xunta.gal

Todos os resultados dos eventos rexionais e locais presentaránse en outubro na conferencia da Semana Europea das Rexións e as Cidades de 2019 en Bruxelas. 

Se queres consultar o programa do acto preme aquí.

Podes seguir esta iniciativa a través das redes sociais e a web de Eusumo, utilizando o hashtag #ESER2019

Mércores, 5 June, 2019 - 12:30 to 16:15

Compartir